“Ponte ao Choio” é un proxecto de emprego e emprendemento impulsado polo Concello de Pontevedra, orientado a mellorar a empregabilidade e activar o talento local.

A través dun evento de dous días, o 27 e 28 de novembro, abordaremos de forma práctica e integradora todo o proceso de busca de emprego e posta en marcha de novas ideas de negocio: adestramento, formación e imaxe persoal e profesional.

QUE É?

É un evento de emprego e emprendemento no que as persoas participantes asumen un papel activo na súa mellora profesional.

Ao longo de dúas xornadas, adquirirán ferramentas prácticas e personalizadas para potenciar a súa empregabilidade, desenvolver novas ideas de negocio e mellorar a súa imaxen persoal e profesional, favorecendo así a súa inserción laboral.

POR QUÉ?

“Ponte ao Choio” nace como resposta a este novo contexto, ofrecendo un espazo práctico, inspirador e conectado coa realidade actual para mellorar a empregabilidade, impulsar o talento local e fomentar o espírito emprendedor.

Claves do programa

Inscripción ao circuito curricular e charlas

febrero 2026
Lun
Mar
Mié
Jue
Vie
Sáb
Dom
26
27
28
29
30
31
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
1

Ofertas de emprego

Publicada: Proxecto ILES 22/10/2025 Empresa: Externa ETT Localidade: Pontevedra Requisitos: Experiencia no sector alimentación. Carné de manipulador/a de alimentos. Valorable carné de carretillero/a Residir en Pontevedra ou arredores Condicións: Traballar de luns a venres en quenda de mañá ou de tarde Contacto: Enviar CV a coordinacionvigo@grupoexterna.es

Publicada: Proxecto ILES 22/10/2025 Empresa: Externa ETT Localidade: Vilagarcía Descrición: Operarios/as produción fábrica conserveira Requisitos: Experiencia no sector alimentación. Carné de manipulador/a de alimentos Condicións: Traballar de luns a venres en quendas rotativas Contacto: Enviar CV a coordinacionvigo@grupoexterna.es

Publicada: Proxecto ILES 15/10/2025 Empresa: Pasteurizados Cies SLU Localidade: Sanxenxo Descrición: Para cocedeiro de mexillón Condicións: Xornada continua de mañá. Contrato por campaña Contacto: Enviar CV a pasteurizadoscies@gmail.com

Publicada: Proxecto ILES 15/10/2025 Localidade: Tomiño Descrición: Tarefas: Xestión e control documental. Apoio ao departamento de facturación Requisitos: Inlgés altamente valorable. Compromiso e responsabilidade Condicións: Xornada completa. Contrato indefinido Contacto: Enviar CV a contratacionlaboral@outlook.es

Publicada: Proxecto ILES 15/10/2025 Empresa: Centro de formación Localidade: Vigo Descrición: Tarefas de xestión, explotación e dinamización da plataforma de formación Requisitos: Experiencia como docente en formación a través de plataforma de formación Moodle. Experimentada na xestión e/ou administración da mesma que a capaciten para rendibilizar a devandita plataforma Contacto: Enviar CV a desarrollorrhh2015@gmail.com explicando claramente a experiencia docente a través de plataforma elearning, a formación específica recibida sobre a mesma e os logros obtidos como profesional na mesma

Publicada: Proxecto ILES 15/10/2025 Empresa: Ilunion Localidade: Vigo Descrición: Xestión dun equipo de traballo entre 25-50 persoas en fábrica de automoción Requisitos: Valorable certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% ou incapacidade permanente total Condicións: Contrato inicial temporal. Xornada completa a quendas de mañá/tarde, noite ou fin de semana Contacto: Enviar CV a rprieto@ilunion.com ou aperezr@ilunion.com

Publicada: Proxecto ILES 15/10/2025 Empresa: Ilunion Localidade: Provincia de Pontevedra Descrición: Labores de vixilancia en xeral. Roldas e seguridade necesaria nas instalación Requisitos: TIP en vigor Condicións: Contrato inicial temporal Contacto: Enviar CV a rprieto@ilunion.com ou aperezr@ilunion.com

Publicada: Proxecto ILES 15/10/2025 Empresa: Ilunion Localidade: Vigo Descrición: Realización de tarefas de montaxe ou loxistica en fábrica de automoción Requisitos: Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33% ou incapacidade permanente total Condicións: Contrato inicial temporal. Xornada completa a quendas de mañá/tarde, noite ou fin de semana Contacto: Enviar CV a rprieto@ilunion.com ou aperezr@ilunion.com

Publicada: Proxecto ILES 15/10/2025 Empresa: Centro Especial de Emprego Localidade: Vigo Descrición: Para limpeza nun ximnasio ubicado nun centro comercial. As funcións serían: Limpeza de ximnasio e salas de actividades. Limpeza do chan de caucho con máquina de vapor. Limpeza e desinfección de vestiarios, utilizando mangueira de auga e Kärcher (auga a presión) Requisitos: Estar en posesión de certificado de discapacidade igual ou maior ao 33% ou ter recoñecida incapacidade profesional e estar rexistrado como demandante na oficina de emprego. Residencia en Vigo ou proximidades. Vehículo propio para desprazarse ata o centro de traballo, se fose necesario. Interese no sector da limpeza, valorándose moi positivamente experiencia ou formación previa no posto. Dispoñibilidade para a incorporación inmediata Condicións: Contrato indefinido. Xornada laboral parcial de19 horas semanais distribuídas en quendas rotativas de luns a domingo. As quendas son de 05:00 a 10:30 e/ou de 16:00 a 18:30, cos respectivos descansos Contacto: Enviar CV a imourino@eulen.com

Publicada: Proxecto ILES 05/11/2025 Empresa: Ideara, S.L. Localidade: Vigo Descrición: Realización de enquisas telefónicas a poboación de distintas idades para estudos da administración pública Requisitos: Titulación mínima de Bacharelato. Valórase a experiencia de ao menos 1 ano na realización de enquisas ou na atención a clientes Condicións: Contratación temporal, con xornada laboral de mañá, tarde ou completa (mañá e tarde) Contacto: Enviar CV a ideara@idearainvestigacion.com indicando no asunto “enquisador/a Vigo”

Publicada: Proxecto ILES 29/10/2025 Empresa: Cenepo Localidade: Vigo e Santiago Requisitos: Formación relacionada e/ou ampla experiencia no posto docente de “xestión contable”. Habilidades para impartir formación Condicións: Contrato mercantil ou laboral Contacto: Enviar CV a formacion@cenepo.com indicando no asunto REF: CONTA

Publicada: Proxecto ILES 29/10/2025 Empresa: Cenepo Localidade: Vigo Requisitos: Titulación universitaria ou Formación Profesional de Grao Superior na rama de Administración e Xestión ou Formación Profesional de Grao Medio na rama de Administración e Xestión ou Certificado de profesionalidade de nivel 2 ou superior, na familia profesional de Administración e Xestión Condicións: Contrato mercantil ou laboral Contacto: Enviar CV a formacion@cenepo.com indicando no asunto REF: oficina

Emprendedores da nosa cidade

ponte-ao-choio-logo-color-positivo
logo-concello